Saturday 27 de April de 2024

Chuvia de premios en San Sadurniño


O Concello entrega as cestas da campaña “Neste Nadal, consumo local”, sortea lotes de galletas e xeados entre a rapazada e dá a coñecer as 23 decoracións gañadoras de “Engalana o teu concello”

 

A Casa do Concello de San Sadurniño acolleu esta mañá a entrega das cestas sorteadas na iniciativa “Neste Nadal, consumo local” promovida por unha trintena de establecementos do territorio con colaboración municipal. Os tres premiados -María Polo, Eduardo Pérez e Andrea González- déronse a coñecer antonte, xusto tralo sorteo efectuado ante notario, pero hoxe aínda se soubo de máis agrazados con premios municipais, xa que no acto de entrega das cestas tamén se elixiron as dez cartas recollidas polo Apalpador que levarán cadanseu lote de Bico de Xeado ou de Galletas Maruxas de Nata. Neste caso os agasallos entregaranse o sábado 9 ás 12.00h., día no que, ademais, tamén se fará o propio cos premios do certame “Engalana o teu Concello” fallado onte mesmo.

Pero… vaiamos por partes. A cita de hoxe ás 12.00h. era para entregarlle as súas cestas aos gañadores da rifa do comercio local. Nas urnas dos 33 establecementos participantes depositáronse arredor de 7.000 papeletas que, tal e como calculou o edil de Desenvolvemento local, Manolo Varela, “supoñen uns 70.000 euros que quedan en negocios de San Sadurniño”, dado que as rifas se entregaban con compras superiores a 10 euros.

O alcalde, Secundino García, destacou o valor da iniciativa ideada pola empresaria local Mónica Muíño e expresou o compromiso do Concello de volver apoiala o ano que vén, agardando que para daquela a situación “estea xa normalizada”. Tanto Varela como García louvaron a calidade dos produtos e servizos que se poden atopar no territorio, pero tamén insistiron na importancia do consumo “local e de proximidade” como eixo de dinamización económica.

As intervencións dos responsables políticos foron posteriores ao acto de entrega -máis ben de recollida, por razóns preventivas- das tres cestas sorteadas. Os premiados foron, por esta orde, María Polo -clienta da Clínica A Penamoura (Naraío)-, Eduardo Pérez -que entrou no sorteo mediante os servizos da avogada Paula Fernández (con despacho no CME)- e Andrea González, agrazada cun boleto entregado na floraría La Feria, situada no Campo da Feira, en San Sadurniño.

Premios para as nenas e nenos
Alén da entrega das cestas, o encontro tamén se aproveitou para facer o sorteo dun total de dez vales canxeables por Bico de Xeado e Maruxas de Nata entre as 78 cartas para os Reis recollidas polo Apalpador no seu percorrido dos últimos días por San Sadurniño.
As nenas e nenos que gozarán destas saborosas sobremesas -con orixe en ambos casos en San Sadurniño- son:
Vale por Bico de Xeado

Noelia (Vilela, Lamas)
Xurxo (A Ermida, Igrexafeita)
Javier (Raña, San Sadurniño)
Briana e Breogán (Soutullo, Lamas)
Olalla (Gunduriz, San Sadurniño)
Vale por Maruxas de Nata

Tania (O Chao, Naraío)
Gabriela (Bouzarrara, Lamas)
Paula (A Penela, San Sadurniño)
Nerea (Pontellas, Ferreira)
Inés (Cornide, San Sadurniño)
Poderán recoller o seu premio o próximo 9 de xaneiro ás 12.00h. nun pequeno acto que terá lugar na Casa do Concello. Ademais ese día tamén se entregarán os 23 agasallos do certame “Engalana o teu concello”, que se fixeron públicos hoxe mesmo. O xurado avaliou 40 decoracións, a maioría delas pertencentes á categoría individual, onde os premios -consistentes en cestas de produtos locais- foron parar a:

Ana Belén Rodríguez Calderón
Anxo Pena Picos
David Dopico Romero
David Tembrás Alonso
Isabel Soto Vivero
José Miguel Suárez Bueno
Manuel García Beceiro
María Rosario Fonticoba Bellón
Mercedes Hermida
Noemi Carballido Tembrás
Patricia Calvo
Paula Rañal Díaz
Rosa Romero Carballo
Verónica Bermúdez López
Verónica Ferreirós González
Por outra banda, na categoría colectiva, os premios (vales para ceas ou xantares de ata 5 persoas na hostalaría local) foron para:

A EIM A Rolada
Isabel Picos Barro e Rubén Prieto Ameneiro
Roberto López Casal e Mainelis Pérez Picos
Marina e Xela Barro
Ana Lamas e Pamela Oliveira
Pecha o apartado das decoracións a categoría orientada a establecementos comerciais e negocios, onde só se presentaron tres decoracións. Todas elas levan como premio cadansúa cesta de produtos:

Libraría Brétema
Peluquería Mayra
Supermercado Outeiro